Noriega: “Compostela Aberta é unha marca consolidada”

O alcalde de Santiago non acudirá ao plenario de En Marea deste sábado

Martiño Noriega, alcalde de Santiago por Compostela Aberta, non pensa aínda nas eleccións municipais do vindeiro ano, senón que centra tódolos seus esforzos en “seguir adiante” cos proxectos da actual lexislatura. O rexedor non acudirá ao plenario de En Marea no que se comezará artellar a estratexia de cara aos comicios, mais esquiva calquera polémica asegurando que ten a mente posta no municipio.

Asemade, valora positivamente a convocatoria desta asemblea coa militancia e mira cara o futuro con optimismo: “Compostela Aberta é unha marca consolidada”, expresa, confiando en que no 2019 se reedite a candidatura de “unidade popular” que o levou á gobernanza nas últimas eleccións.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego