Mentres o PP mete présa coa Depuradora, o alcalde pide calma para “facer as cousas ben”

Noriega insiste no “agravio comparativo nos custos” para o Concello de Santiago

Continúa a lea pola ubicación da depuradora. O voceiro do Partido Popular, Agustín Hernández, critica que o alcalde bote “balóns fóra” e non anuncie se vai asinar ou non o convenio establecido coa Xunta, o Goberno central e a Unión Europea para construír a EDAR no Souto. En caso contrario, Hernández esixe que Noriega aclare que alternativa propón, como se financiaría e en que prazos.

O alcalde pide máis tempo

As cousas son máis difíciles do que parecen

Con todo, o alcalde de Santiago pide máis tempo para decidir a ubicación final da depuradora, e asegura que o seu goberno está a estudar tódalas opcións posíbeis para atopar “a mellor solución para a cidade”. Así e todo, lembrou que o actual voceiro do PP gobernaba “cando se desencadeou o conflito da EDAR”, un asunto moi difícil de resolver.

Sen vontade política de Madrid

Por outra banda, Martiño Noriega volveu amosar o seu malestar co que considera un “agravio comparativo nos custos”, xa que o Concello deberá aportar o 20% do financiamento da infraestrutura, sendo o municipio galego que máis cartos invista. O alcalde ve “moi difícil” mudar esta decisión, xa que non hai “vontade política” dende Madrid para facelo.