Masiva mobilización contra a Mina de Touro

Vídeo crónica da mobilización-tractorada que percorreu as rúas de Touro ao longo desta mañá

A veciñanza sacou os tractores ás rúas e, tras eles, unha masiva mobilización contra o mega proxecto mineiro previsto na zona. A protesta xuntou, ademais, a ducias de representantes políticos de En Marea e do BNG, así como tamén de colectivos veciñais. En Touro semella haber unanimidade á hora de rexeitar unha mina que “non conta con ningunha garantía ambiental”

A veciñanza da zona sacou os tractores á rúa

A mobilización, que saíu pasadas as 12:00h da antiga balsa mineira, serviu para amosar novamente o rexeitamento ante un proxecto que afectaria a cerca 700 hectáreas das cales 500 son o principal sustento das explotacións agrarias e gandeiras da zona.

Unha “enorme ampliación” do vello proxecto mineiro

Desde a Plataforma contra a Mina denuncian que a Xunta é “incapaz de salvagardar” o benestar das e dos veciños da comarca e que a reapertura da antiga mina para extraer intensivamente o cobre durante os vindeiros 15 anos suporía unha auténtica ameaza contra o futuro da comarca.

A nosa colaboradora Pilar Aymara participou da mobilización e achegou, en directo, crónicas e imaxes da mesma durante todo o percorrido da marca.

Feijóo apela á “tranquilidade”

Se os informes son afirmativos, haberá mina

O pasado xoves quixemos preguntarlle ao presidente da Xunta de Galicia polas protestas da veciñanza afectada pola reapertura do complexo megamineiro no Pino e Touro. Feijóo quixo restarlle importancia ás protestas veciñais ao tempo que trasladaba unha mensaxe de “tranquilidade”

As razóns da veciñanza