A biblioteca xa non é un lugar calmo e tranquilo onde estudar. O sindicato estudantil Acción Universitaria presenta a súa campaña “Tourist go home, unha USC para estudantes”, cá que pretenden denuncia-la “ocupación” da súa biblioteca por deceas de turistas que, cás súas cámaras e preguntas, dificultan o seu tempo de estudo.

Non é que non queiramos turistas na cidade, o que queremos é un espazo de silenzo na biblioteca

O obxectivo principal desta campaña é que a USC limite os horarios de visita á histórica biblioteca, patrimonio da cidade, para facilitar deste xeito a conciliación entre o estudantado e as visitantes.

Non se descartan máis protestas

No caso de non obter solucións por parte da USC, o sindicato estudantil estaría disposto a convocar mobilizacións na cidade, ou ben levar a cabo as actuacións que considerase máis axeitadas para visibiliza-la súa causa.