Martiño Noriega satisfeito pola unanimidade en solicitar a volta das esculturas do Mestre Mateo a Compostela

Trala unanimidade obtida no Parlamento Galego ante unha proposición da Marea na que se solicitaba a devolución das estatuas usurpadas pola familia Franco ao Concello de Santiago, o alcalde, Martiño Noriega, quixo amosar a súa satisfacción ante a unanimidade institucional (Congreso dos Deputados, Parlamento Galego e concello de Santiago) nesta lexítima reivindicación da cidade de Compostela.