Martiño Noriega rexeita as detencións de Consellers: “O dano aos dereitos fundamentais é irreparable”

Noriega volve apelar á necesidade dun proceso constituínte no Estado

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosou hoxe en rolda de prensa a súa precoupación pola deriva xudicial do conflito catalán e que derivou, no día de onte, coa detención de boa parte do Govern catalán.

Noriega lamentou que co encarceramento de onte “a independencia de poderes no estado español está en cuestión”

Comunicado de Compostela Aberta

Pouco despois da rolda de prensa de Martiño Noriega chegaría o comunicado público de Compostela Aberta na que a organización denuncia as medidas contra o goberno catalán “elixido democraticamente nas urnas” e no que fan un chamamento a “participar en todas as manifestacións cívicas”.

Compostela acollerá hoxe mesmo unha mobilización que partirá ás 20:00h da Praza do Toural