Máis horas, máis eficiencia e múltiples melloras no servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago

Os novos pregos de servizo de axuda no fogar duplican as horas de atención domiciliaria

A concelleira de Políticas sociais, diversidade, saúde e centros cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe no Pazo de Raxoi as características do novo prego de servizo de axuda no fogar, que foi aprobado a semana pasada pola Xunta de Goberno. Este prego destina 1.979.656 euros ao ano, o que supón duplicar a contía en relación ao último prego aprobado en Abril do 2015.

O novo servizo terá un vixencia de dous anos prorrogables e permitirá atender un total de 121.825 horas ao ano

Cláusulas sociais

O prego do servizo de axuda no fogar é un dos primeiros en incorporar as cláusulas sociais na contratación pública, permitindo que se prime, por primeira vez, a calidade. Ademáis valorarase con 20 puntos o compromiso de que as novas contratacións do persoal que resulten necesarias para a execución do contrato se realicen por persoas desempregadas ou con dificultades de inserción laboral.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

http://nostelevision.gal/o-concello-aposta-polas-clausulas-sociais-nos-contratos-publicos/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -