Máis de 600 escolares participaron no campionato zonal na praia fluvial da Estrada

A Agrupación A Estrada de Deporte Escolar, coa colaboración do Concello de A Estrada e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizou este mércores o campionato Xogade-Campo a Través nas instalacións da Praia Fluvial estradense.

A premisa era clara, o importante non era gañar, senón participar, esforzarse e pasalo ben, polo que a deportividade se fixo notar

Na proba, que tiña como principal obxectivo ser unha xornada de deporte e lecer para os cativos, participaron mais de 650 rapaces e rapazas dende segundo de primaria ata terceiro de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros estradenses de Figueiroa, Pérez Viondi, Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes, Manuel Villar Paramá, Cabada Vázquez, Oca, instituto Nº1 e García Barros, aos que se lle sumaron o CPI Aurelio Marcelino Rey García do Concello de Cuntis.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O importante, participar

Para a realización da proba colaboraron entidades como a Agrupación Deportiva Río Ulla cedendo as instalacións da Praia Fluvial, o Rexemento de Infantería Isabel A Católica da Brilat coa instalación de tres tendas de campaña do exército e a Cruz Vermella con persoal sanitario.

Esta proba zonal é clasificatoria para o campionato provincial que terá lugar no Concello de Portas.

Relación de Gañadores por categorías

Benxamín Feminino
1ª. Sara Cortizo Eiriz do CEIP Cabada Vázquez
2ª. Carla Gómez Coto do CEIP Figueiroa
3ª. Alba Moimenta Brey do CEIP de Oca

Benxamín Masculino
1º. Mario Camba González do CEIP Pérez Viondi
2º. Brais Rey Ríos do CEIP Figueiroa
3º. Fabio Barros Abal do CPI Aurelio Marcelino Rey García

Alevín Feminino
1ª. Inés García de la Peña do CEIP Pérez Viondi
2ª. Cintia Lourido Fontán do CPI Aurelio Marcelino Rey García
3ª. Carla Ron Calvo do CEIP Pérez Viondi

Alevín Masculino
1º. David Sánchez Iglesias do CPI Aurelio Marcelino Rey García
2º. Mateo Torres Mosteiro do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes
3º. Xián Diegues Guerra do CEIP Pérez Viondi

Infantil Feminino
1ª. Laura Carracedo Flores do IES García Barros
2ª. Sonia Rivadulla Blanco do IES García Barros
3ª. Eva Gil Rivadulla do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes

Infantil Masculino
1º. Sergio Prieto Pazos do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes
2º. Daniel Míguez Vidal do IES Manuel García Barros
3º. Fernando Martínez Baamonde do CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cadete Feminino

1ª. Antía Prieto Pazos do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes
2ª. Marta Fernández Nodar do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes
3ª. Andrea Ferro Medori do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes

Cadete Masculino
1º. Martín Ruibal Rosende do Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes
2º. Paulo Figueiras García do IES Manuel García Barros
3º. Alejandro Míguez Vidal do IES Manuel García Barros

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -