Home Programas Espazo Aberto Máis alá! a listaxe máis votada para o Consello de En Marea

Máis alá! a listaxe máis votada para o Consello de En Marea

0

A coordinadora de En Marea deu a coñecer os resultados da votación realizada esta fin de semana para o Consello Nacional. Sobre un censo de 1.903 persoas votaron 1.565 das que 41 fixérona en branco (2,62%) e 1.524 a algunhas das listaxes que se presentaron. A máis votada foi a de Máis Alá! (894 votos, 58,66%), seguida de Somos Quen (385, 25,26%) e terceira Queremos participar (245, 16,08%). Este Consello reunirase por primeira vez o vindeiro sábado 28 de xaneiro.