Leonardo Sbaraglia recibe o Premio Cineuropa 2017

Premio Cineuropa 2017 a Leonardo Sbaraglia: Na cidade sen límites

O actor arxentino Leonardo Sbaraglia foi premiado polo Festival Cineuropa como homenaxe pola súa prolífica traxectoria. Sbaraglia debutou no cinema no ano 1986, co filme La noche de los lápices, unha crítica á opresión durante a ditadura de Videla. En España estreouse con Intacto, de Juan Carlos Fresnadillo, pero sería En la ciudad sin límites o seu filme máis salientado.

Un dos aspectos que máis caracteriza a Sbaraglia é o seu espírito loitador

O actor é un firme defensor da memoria histórica en Arxentina e España, e defende un cine máis independente ante os filmes máis comerciais.

Sbaraglia vén de estrear o seu último filme, El otro hermano, que lle valeu o premio ó mellor actor no Festival de Málaga deste ano.