O irmán do Che Guevara chega a Galiza para difundir o ideario do revolucionario arxentino

Juan Martín Guevara visita o noso País convidado por Agora Galiza

O irmán de Ernesto Che Guevara, Juan Martín Guevara, está na Galiza. Con motivo do 50 aniversario do asasinato do revolucionario arxentino, a formación política Agora Galiza organizou varias conferencias para sabermos máis dos seus ideais e a súa figura.

Boa parte do pensamento do Che está sen difundir

A presentación das actividades realizouse en Compostela e nela participou tamén Carlos Morais, portavoz de Agora Galiza. Guevara, ademais, dirixe a asociación “Polas pegadas do Che” encargada de divulgar o seu pensamento.

Cartaz do coloquio en Compostela

Segundo o irmán do Che a maior parte do seu ideario aínda non está difundido, e puxo como exemplo a súa interpretación das posibilidades de futuras revolucións.

Guevara sinalou tamén na rolda de prensa que segundo o Che, Cuba non era unha excepcioanalidade histórica como escenario dunha revolución.

Este xoves en Compostela

Juan Martín Guevara falará do pensamento do Che os vindeiros 15, 16 e 17 de novembro en Vigo, Compostela e A Coruña