A iniciativa “Que che re-aproveite!” sensibilizará sobre o malgasto alimentario

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe unha nova actividade organizada polo seu Departamento para celebrar a Semana Europea da Prevención de Residuos. Trátase da campaña Que che re-aproveite!, que ten como obxectivo evitar o malgasto alimentario nos establecementos de hostalería.

Benito Blanco, de Novotec a empresa que desenvolve esta campaña en Santiago e Lugo, explicou como se realizará esta campaña que busca concienciar a cidadanía sobre esta problemática.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A campaña comezará o día 19 e rematará o 27 de novembro.

Nese período os establecementos participantes comprométense a informar aos seus clientes da iniciativa e a animalos a levar a comida sobrante. Os restaurantes deben rexistrar o número de comensais que se animan a participar na iniciativa, para facer un balance estatístico ao remate.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -