Home Programas Área Compostela ‘Implícate’, a cultura galega ao servizo da igualdade

‘Implícate’, a cultura galega ao servizo da igualdade

1
‘Implícate’, a cultura galega ao servizo da igualdade

A ONGd Implicadas no Desenvolvemento conmemora o seu vixésimo aniversario cunha nova edición do seu espectáculo benéfico ‘Implícate’. Celebrarase no Teatro Principal unha “noite de música e palabra solidaria”, unha gala que combina música, danza, literatura e teatro, e que será conducida pola poeta Yolanda Castaño e o xornalista Mon Santiso. Participarán salientábeis persoeiros da cultura galega coma a cantante Sonia Ledebynski, as poetas Verónica Martínez e Suso de Toro, o dramaturgo Isi ou a compañía de danza Xacarandaina.

“Unha ONGd galega, crítica e feminista”

A ONDG desenvolve boa parte dos seus proxectos na India

Este colectivo sen ánimo de lucro fundouse en 1998 como unha organización “galega, crítica e femninista”, cuxa función é contribuír á procura da igualdade de xénero.

Implicadas traballa a prol da erradicación da pobreza nos países máis desfavorecidos e, en especial, prestando axuda ás mulleres poñendo fin á opresión patriarcal. Hogano mantén en activo dous proxectos na India, que teñen como obxectivo o empoderamento da muller, a loita contra a discriminación e a fin do infanticidio.

Entradas

As entradas para o evento, que dará comezo o vindeiro domingo 14 ás 20.30 horas, están xa dispoñíbeis a través do portal www.entradas.abanca.com, así como na billeteira do Principal, a un prezo de 12 euros. A recadación destinarase integramente a financiar as actividades de cooperación que desenvolve a ONGd no sur da India.