Home Programas Espazo Aberto O goberno municipal coruñés crea unha comisión para evitar a folga do servizo de limpeza

O goberno municipal coruñés crea unha comisión para evitar a folga do servizo de limpeza

0
O goberno municipal coruñés crea unha comisión para evitar a folga do servizo de limpeza

O anuncio na Coruña de folga indefinida do servizo de limpeza das rúas e recollida do lixo no mes de máis actividade lúdica do ano fixo mover ficha ao goberno municipal. Tras varios contactos e unha reunión fallida onte na que participou o comité de empresa de Cespa Ferrovial, encargada deste servizo na cidade, o goberno local anunciou a creación dunha comisión de seguimento que hoxe mesmo terá un primeiro encontro.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, insistiu en que están dispostos a atender a máis importante reivindicación do STL, principal sindicato nesta empresa, como é garantir o mantemento dos empregos e as condicións de traballo nos pregos dos concursos de limpeza viaria e recollida de lixo.

Dificultades para o diálogo

O goberno municipal asegura ter problemas “de interlocución” cos representantes dos traballadores logo de que na reunión de onte os asistentes polo sindicato maioritario aseguraran que eles non podían negociar, remitindo as negociacións ao comité de folga que lidera o seu mesmo sindicato.