Home Programas Área Compostela Get back chega en plena xira a Compostela

Get back chega en plena xira a Compostela

0
Get back chega en plena xira a Compostela

Cinco persoas nun vagón de metro. Catro galegos e un inglés en Londres. Esta mañá, na cidade de Compostela, presentouse a obra teatral Get Back, que se centra en tomar como punto referencial unha característica esencial no pobo galego: a emigración. Ademais, aposta por tratar, cun ton cómico, problemas latentes na actualidade tales como o yihadismo ou que suporá o Brexit para todas e todos nós. De feito, parte da promoción desta peza, consistiu nunha representación dun anaco da obra nun autobús urbano da cidade. O desconcerto, para dar paso ás caras dos viaxantes que esbozaban un sorriso, deixáronse entrever no autobús. Un dos actores da peza, Federico Pérez, esbozou un breve resumo da obra.

getbackO autor da obra, Diego Ameixeiras, explicou que a idea inicial é de Camilo Franco e comentou, a maiores, que os prexuízos son unha cuestión que quixeron desbotar desta obra que chega na metade da súa xira e que vén de pasar por diferentes puntos do país: Vigo, Pontevedra, Ourense ou Narón.

A concelleira de Facenda, María Rozas, resaltou que isto é unha mostra do talento do país, o cal, en palabras súas, é “independente das oportunidades”. A edil resaltou tamén que a obra versará sobre temas cotiás e de actualidade que poderían involucrarnos a todas e todos. A obra, ademais do “pequeno aperitivo do autobúspoderá verse xoves, venres e sábado no Teatro Principal.