Galicia En Negro preséntase no Parlamento Europeo

O #GaliciaEnNegro xuntou a numerosas persoas no Parlamento Galego para presentar a campaña

Situar como prioridade na axenda pública europea, máis alá das cores políticas, a loita contra as violencias machistas. Este foi o obxectivo da presenza dunha numerosa delegación galega no Parlamento Europeo.

A delegación de case medio cento de representantes de 16 concellos e 2 deputacións viaxou ata Bruselas

Deste xeito, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o resto da delegación do “En negro contra as violencias” mantiveron esta mañá unha xuntanza con eurodeputadas e eurodeputados da Comisión de Igualdade do Parlamento Europeo para presentar a campaña e o Pacto Social Municipal contra as violencias de xénero.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Comeza así unha intensa campaña que se desenvolverá durante todo este mes de novembro e que pretende crear conciencia social para combate-las violencias machistas na sociedade. Tres deputacións, setenta concellos e máis de 3.000 establecementos súmanse este ano á iniciativa impulsada anos atrás polo Concello de Santiago co “Compostela en Negro”

http://nostelevision.gal/o-compostela-en-negro-avanza-e-achegase-a-todo-o-pais/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -