Galeguía, a nova obra de Manuel Miragaia

Manuel Miragaia presentou a súa “Galeguía” na libraría Couceiro de Compostela

O escritor Manuel Miragaia presentou na Libraría Couceiro de Compostela o seu libro “Galeguía”, un traballo que procura dar a coñecer mitos da nosa historia lonxana e recente que teñen como denominador común a idea de país. Na presentación estivo acompañado pola escritora Teresa Moure.

A publicación, realizada en galego internacional, está a ser presentada por diversos puntos do país.