Galego sen fronteiras! Estudantes de 20 países para aprender o galego

Estudantes de máis de 20 países participan este ano nos cursos de lingua e cultura galega de Santiago e A Coruña

O galego interesa no mundo. Unha proba témola nos cursos que se realizan cada verán en Santiago e A Coruña e nos que participan estudantes de numerosas nacionalidades. No caso da Universidade da Coruña este ano a actividade chegou á súa novena edición con 20 alumnos e alumnas de seis países. Mais o que pode considerarse máis veterano é o que se realiza na Universidade de Santiago que este ano chegou á súa trixésima edición

A inauguración dos cursos en Santiago contou coa presenza das oitenta alumnas e alumnos. Nalgún caso repetían experiencia e xa estaban mergulladas na realidade lingüística do país.Noutras e a primeira vez e viñan cos coñecementos que adquiriron nas súas universidades.

O galego interesa no mundo

Estudantes de máis de 20 países participan este ano nos cursos de lingua e cultura galega en Compostela e na Coruña

Publicado por Nós Televisión en Lunes, 3 de julio de 2017

Ata o 24 de xullo

Estes cursos contan ademais de con clases teóricas, con charlas-concerto e charlas-recitais, espectáculos teatrais, percorridos pola cultura na Rede, conferencias e visitas culturais. O seu remate está previsto para o 24 de xullo.