A Festa do Queixo de Arzúa rende homenaxe a Ana Kiro

Queixo, música e obradoiros tradicionais invadirán as rúas de Arzúa entre o venres 2 e o domingo 4 de marzo. A 43ª edición da Festa do Queixo centrará toda a actividade do concello coruñés nesas datas a través do seu amplo e variado programa de actividades, co obxectivo de “facer veciñanza” coas asociacións e concellos da contorna.

As novidades da edición

A principal novidade deste ano será a homenaxe que se renderá á popular cantante arzuá Ana Kiro, que presidirá dende agora a localidade por mor dun busto de bronce co seu rostro. O pregón correrá a conta do tamén músico Tonhito de Poi.

Malia os esforzos económicos, somos quen de manter viva a Festo do Queixo

Nesta edición participarán setenta queixerías procedentes de todo o Estado, logrando o “cheo total” do recinto. Como cada ano, celebraranse numerosas catas, exposicións, concursos e obradoiros interactivos nos que se poderá sacar o máximo rendemento a un produto único no mundo.

Cómpre salientar a colaboración da asociación EFA Piñeiral, o consello regulador da Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa, que celebrará obradoiros como “Marketing e queixo, boas prácticas”, “fotoqueixo” ou a “Masterclass Piñeiral de cociña creativa”.

Outro dos pratos fortes do evento será a celebración do Festival do Queixo, no que participarán grupos de referencia a nivel estatal coma Ilegales e Sidonie ou a cantante monfortina Rosa Cedrón.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego