Home Programas Espazo Aberto Ferrol homenaxeará a Carvalho Calero

Ferrol homenaxeará a Carvalho Calero

0
Ferrol homenaxeará a Carvalho Calero
Programa completo do evento

A grande figura das nosas letras esquecida en moitos ámbitos académicos, o profesor Ricardo Carvalho Calero, terá unha merecida homenaxe no seu Ferrol natal.

Unha merecida homenaxe

Anunciouno en rolda de prensa o concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e tres dos membros da comisión que traballo que reivindica a figura e o legado de Calero, da que forman parte Bernardo Maiz, Xosé María Dobarro e Manolo Pazo.

Non é un capricho localista, é un recoñecemento merecido

Catro palestras e un acto no Jofre

Recoñecemento unánime á figura de Carvalho Calero

A homenaxe que presentou o concello de Ferrol lembra o apoio unánime da corporación e da Mancomunidade da ría de Ferrol na reivindicación á Real Academia Galega que se lle adique, en xustiza, en recoñecemento a súa figura e legado o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A primeira das palestras: este xoves

Ferrol acollerá unhas xornadas que contarán con catro palestras en distintos espazos, desde o Ateneo a Fundación Artabria ata o CC Torrente Ballester, ate o remate, cunha xornada lúdico festiva no Teatro Jofre o 18 de maio coa participación de músicos como Xiana Lastra, María Manuela e Alberte Pombo e as voces poéticas de Medos Romero, Fernánde Vello, Roi Sanz e Marcos Abalde.