Fernando Barroso publica un videoclip-adianto do seu segundo disco, ‘Silence Lovers Club’, que sairá o 16 de xaneiro

Publica o primeiro videoclip co primeiro ‘single’, “O Barqueirinho”

O músico ferrolán Fernando Barroso publicará o vindeiro 16 de xaneiro o seu segundo disco en solitario, ‘Silence Lovers Club’, un traballo dedicado á mandolina de Barroso, acompañado ao violoncello por Margarida Mariño. No día de onte publicou un adianto en Youtube: o videoclip do seu primeiro ‘single’, “O Barqueirinho”.

‘Silence Lovers Club – Mandolin Pieces¡ é un repertorio orixinal de doce temas para mandolina, acompañado ao violoncello por Margarida Mariño. A música deste traballo vén inspirada tanto por compositores clásicos doutras épocas, como por instrumentistas actuais de diferentes estilos e lugares do mundo. Fernando Barroso, céntrase na mandolina neste disco, para compoñer pezas que van desde o swing/jazz, pasan pola música persa ou barroca, e rematan poñendo un pé na música popular. No disco deste virtuoso músico, que ten acompañado a Xabier Díaz ou Budiño, tamén participa a cantora portuguesa Celina da Piedade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -