Feijóo négase a valorar a polémica campaña da Xunta que “cousifica” ás mulleres

A oposición pide a inmediata retirada da campaña

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O lema promocional é “O máis grande de Galicia non se maltrata” e a imaxe que o acompaña amosa tres mulleres xigantes a carón de varios monumentos do país. Unha campaña da Xunta de Galicia que levantou críticas inmediatas por parte dos grupos da oposición e do movemento feminista galego, por entender que a campaña “cousifica” ás mulleres

Porén, o Presidente da Xunta non quixo “entrar nestas cuestións” e reafirmou que existe un pacto firme contra a violencia de xénero.