Feijóo continúa centrando o seu discurso sobre os lumes nunha trama incendiaria que aínda non foi demostrada

“Prenderlle lume a Galicia sae moi barato” reitera o Presidente da Xunta

O presidente da Xunta compareceu no Parlamento galego para falar da vaga de lumes que sufriu Galicia hai uns días. Na súa comparecencia presentou varias medidas que porá en marcha o goberno galego e reiterou a acusación de que hai terroristas incendiarios.

A oposición pide cambios na política forestal da Xunta e esixe responsabilidades

A portavoz nacional do BNG criticou a actitude do goberno de Feijóo e as actuacións que se fixeron a fin de semana de maior incidencia dos lumes.

Pola súa banda, o portavoz de EnMarea no parlamento galego cargou contra as decisións do goberno de Feijóo como a de non querer renovar ás brigadas forestais cando todo indicaba que poderían ser necesarias.

Leiceaga tamén acusou a Feijóo de crear as condicións para que houbera unha catástrofe. O voceiro parlamentario socialista coincidiu como o resto da oposición en sinalar ao presidente da Xunta como responsable do que aconteceu coa vaga de lumes en Galicia.