Home Programas Área Compostela A exposición “Elas” reivindica as contribucións das mulleres na sociedade

A exposición “Elas” reivindica as contribucións das mulleres na sociedade

0
A exposición “Elas” reivindica as contribucións das mulleres na sociedade

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa o libro “Elas” de Aurora Marco, o cal está acompañado dunha exposición que se poderá visitar no Centro Abanca Obra Social de Santiago entre o 2 e o 31 de marzo. Este libro reivindica o papel das mulleres galegas na sociedade ao longo da historia.

A exposición verá a luz o día 2 de marzo no Centro Abanca Obra Social de Santiago

Falta de visibilidade

O editor de A Xanela Editorial, Xosé Manuel Calviño, explicou como naceu este proxecto e sinalou que non só se centraron nas mulleres galegas máis representativas como Rosalía de Castro, senón tamén nas mulleres galegas talentosas e loitadoras que hoxe en día están xa esquecidas. A autora do libro, Aurora Marco, sinalou a importancia deste proxecto debido á falta de visibilidade na historia que tiveron as mulleres.


“Elas” é unha edición de luxo, na cal participan oito artistas galegas moi significativas, e está limitada a 155 exemplares de tirada mundial.