EU organiza un coloquio no Porriño alertando dos “perigos” do lindano

Celebrarase o vindeiro venres ás 20.00 horas, no Multiusos de Torneiros

O Multiusos de Torneiros será o escenario este venres 23 do coloquio “Lindano, que facemos dende o Parlamento Europeo”, organizado por Esquerda Unida. O obxectivo deste encontro é “instar ás autoridades” a levar a cabo “accións efectivas” para combater os efectos desta substancia contaminante, considerada “canceríxeno de tipo 1” segundo diferentes estudos.

Eva Solla, coordinadora nacional de EU, presidirá esta ponencia na que a eurodeputada de IU Paloma López e o concelleiro de EU Son Porriño Pedro Ocampo exporán o traballo que veñen realizando nas últimas datas para “limpar” este municipio e os adxacentes de lindano. Dende a formación aseguran que se está a incumprir a directiva europea sobre a calidade das augas que regula a presenza de activos tóxicos coma este.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -