Home Programas Área Compostela Estudantes solidarízanse co profesor investigado pola Guarda Civil por falar de Cataluña

Estudantes solidarízanse co profesor investigado pola Guarda Civil por falar de Cataluña

1
Estudantes solidarízanse co profesor investigado pola Guarda Civil por falar de Cataluña

Estudantes de todo o campus da USC concentráronse diante da Facultade de Historia para solidarizarse co profesor porriñés investigado pola Garda Civil por ter introducido o debate dos acontecementos en Cataluña nas súas aulas.

A asemblea de Xeografía, Arte e Historia despregou unha faixa co lema “En solidariedade co pobo catalán” e procedeu á lectura dunha carta.

O debate non é un delito

O estudantado denunciou persecución por parte da propia universidade ao seu dereito de liberdade de expresión nun espazo común como é a facultade e sinalou como “grave” que se actuara con celeridade cando noutros casos graves non se fixo o mesmo.

“Menos porras, máis mestres do Porriño”

Na carta o estudantado tamén denunciou o manifesto asinado hai uns días por 500 profesores universitarios españois pedindo que o Estado empregue a forza contra o pobo catalán.