Entrevista a Francisco Rodríguez, dirixente histórico do nacionalismo

Conversamos nesta nova entrevista da Cámara Branca con Francisco Rodríguez (Ferrol,1945); histórico dirixente político que, ao longo dunha dilatada traxectoria, asumiu diversas responsabilidades: deputado no Parlamento Galego (1993) e no Congreso dos Deputados(1996-2008), Secretario Xeral da UPG (2000-2012) e membro dos organismos nacionais do BNG.

Analizamos con el a actualidade política e o presente e futuro do nacionalismo galego.