Entrevista con Miguel Anxo Fernández Lores

Nós Televisión desprázase ata Pontevedra para conversar co seu alcalde

Pasaron xa 18 anos desde que Miguel Anxo Fernández Lores se converteu no alcalde nacionalista de Pontevedra. De médico a alcalde. Unha das principais referencias políticas do BNG, Lores conversa con Nós Televisión sobre o pasado, o presente e o futuro da vila do Lérez.

Un modelo único de cidade

Entre os temas destacados, o alcalde do Bloque destaca o modelo de cidade implantado en Pontevedra ao longo de case vinte anos e “centrado nas persoas“. Unha cidade premiada internacionalmente pola súa comodidade para vivir, pola calidade urbana e a mobilidade ou a accesibilidade. Pero tamén unha cidade lastrada pola industria contaminante que merma unha ría que, en palabras do propio alcalde, podería ser un motor económico de primeira orde na comarca.

Ence e as cloacas do Estado