En pé contra o vertedoiro de Miramontes

A veciñanza de Grixoa clama por unha parroquia limpa. A Plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes denuncia que o vertedoiro e a planta de elaboración de tecnosolos instaurados na canteira de Miramontes non cumpren coa lexislación, e provocan un forte impacto ambiental que afecta ás súas vivendas.

A plataforma de veciños, que reclama colaboración por parte dos partidos políticos e as administracións públicas, recibiu o apoio do BNG, que levou as súas demandas ao Parlamento de Galicia e ao Parlamento Europeo.

Un chamamento á mobilización

A Plataforma chama á mobilización social para presionar ás institucións públicas a¡para que tomen partida e solucionen unha problemática que está afectando gravemente á súa saúde.