“En materia forestal, o PP prima a producción de eucalipto, a desprotección do monte e as portas xiratorias de ENCE”

A edil de medio ambiente da Coruña reitera que o problema dos lumes tamén é un "problema político"

María García, concelleira Medio ambiente e mobilidade sostible na Coruña denunciou no Pleno municipal de onte a xestión forestal da Xunta de Galicia. Entre os temas denunciados, a edil da Marea Atlántica fixo fincapé na desprotección do monte e as “portas xiratorias” en ENCE.