En Marea dá voz ás partes “silenciadas” na ‘Comisión dos Lumes’ do Parlamento

Celebrarase un coloquio o 25 de maio

A denominada ‘Comisión dos Lumes’ impulsada polo Parlamento de Galicia non é suficiente para En Marea. O partido instrumental considera que o PP “vetou” a moitas das partes implicadas e, en consecuencia, non se puideron obter as conclusións axeitadas deste estudo “partidista”. Emporiso, o grupo parlamentario encabezado por Luís Villares celebrará o vindeiro 25 de maio un coloquio no que intervirán as persoas “excluídas” dende outubro.

Villares insiste: “Non é unha cuestión forestal, senón territorial”

“Non foi unha cuestión forestal, senón territorial: a febre dun territorio enfermo”, indica Villares, salientando esta cuestión como o eixo central desta xuntanza impulsada por En Marea. Estarán presentes, entre outros organismos, o Sindicato Labrego Galego, a asociación Pastos e Forraxes e demais representantes do sector forestal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -