“En Alemaña quedou á vista a farsa do Estado español”

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, considera que a posta en liberdade de Carles Puigdemont evidencia a "existencia de presos políticos en España"

Este xoves, a Fiscalía alemá anunciaba a posta en liberdade baixo fianza —depositada pola Assemblea Nacional Catalana— do expresident de Catalunya, Carles Puigdemont, ao considerar que faltaban motivos para xulgalo por un delito de rebelión. Con todo, o candidato de JuntsXCat á Generalitat non poderá abandonar Alemaña mentres a Xustiza deste país avalía a súa posíbel extradición a España por malversación de fondos.

En España hai presos políticos que estarían libres en calquera outro país

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, considera que este “revés” á estratexia do xuíz Llarena supón “quitar a careta” a un réxime con “deriva autoritaria e fascista” no tocante ao Govern catalán. “Alemaña, ao igual que Bélxica e Escocia, evidencia a existencia en España de presos políticos que estarían libres en calquera outro país”, asegurou, considerando que a decisión de non xulgar a Puigdemont por un delito de rebelión “deixa á vista a farsa do Estado español”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -