“Conquista os elementos”, un vídeo forum a prol da igualdade no deporte

A Deputación da Coruña impulsa a campaña de concienciación social “Conquista os elementos”, que pretende promover a igualdade de xénero no deporte. Esta iniciativa consistirá nun vídeo forum que, alén da proxección do devandito vídeo promocional, fomentará o debate social perante a participación de deportistas, directivas de entidades deportivas e especialistas en igualdade e deporte de toda Galicia.

Na procura da igualade no deporte

Moitas deportistas galegas de elite, coma a futbolista Vero Boquete ou a saltadora Ana Peleteiro, fican nun segundo plano mediático baixo a sombra doutros referentes masculinos. Emporiso, a principal meta desta empresa é visibilizar o deporte feminino e as súas protagonistas, axudando a constituílas como verdadeiras figuras de referencia e modelos a seguir para as cativas e cativos do país.

Esta campaña dará comezo o vindeiro venres 19 no Centro Sociocultural de Fontiñas, a partires das 19.00 horas. Nas vindeiras datas levarase esta iniciativa a outras 22 localidades da provincia, entre as que se atopan A Coruña, Ames ou Padrón.