O Concello destinará 3,3 millóns de euros de remanentes para obras no municipio

O Concello dá conta das obras que realizarán no que queda de 2017 e os primeiros meses de 2018 cos remanentes do exercicio anterior

O concello de Santiago destinará un total de 3,3 millóns de euros a obras en todo o termo municipal aproveitando parte dos remanentes de que dispón. Explicouno en rolda de prensa a alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña.

  • Obras no campo da festa do Castiñeiriño
  • Substitición dos vidros na marquesiña de Xoán XXIII
  • Reforma do aparcadoiro da rúa do Olvido
  • Melloras na accesibilidade: rúas da Estrada, Santas Mariñas e Picaños
  • Melloras en Vista Alegre
  • Reparación da calzada no Espírito Santo
  • Reurbanización da rúa Cancelas

Débeda pendente co rural

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou que tamén se realizarán actuacións moi demandadas polas parroquias de Barciela e Cesar. Rafael Peña considerounas “históricas” polo estado de abandono en que se atoparon con anteriores gobernos municipais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As actuacións previstas nestas parroquias están orzamentadas en practicamente 300.000 e pretenden mellorar os accesos dende o cruce da N-550 na Barciela e ata Casas de Arriba en Cesar.

Rafael Peña tamén anunciou obras de acondicionamento e mellora nos centros socioculturais de Bornais, A Peregrina e Grixoa, cun orzamento de 85.000 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -