Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago redobra a súa aposta polas persoas maiores

O Concello de Santiago redobra a súa aposta polas persoas maiores

0
O Concello de Santiago redobra a súa aposta polas persoas maiores

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou na inauguración do curso 2017-2018 da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente para Adultos (Ategal). No acto tamén participaron Miguel Ángel Valero Duboy, director do Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas do Imserso (Ceapat), Ángel Fagilde, presidente de Ategal, e Rafael Romero, presidente honorífico da asocición. Concha Fernández explicou para Nos Televisión que se debe facer de Compostela “un concello máis amigable cos maiores”

Abriu o acto o director do centro estatal de autonomía personal y ayudas técnicas do Imserso, Miguel Ángel Valero Duboy, dando unha conferencia sobre o proceso de creación das cidades amigables.

O obxectivo de Ategal é a aprendizaxe durante o período vital para o desenvolvemento persoal en diferentes áreas. Entre estas están as aulas presenciais en competencia dixital, saúde, consumo ou cretividade, e as aulas ocupacionais de ioga, estimulación cognitiva, arte, piscina ou idiomas.