O Concello de Santiago leva a xuizo á familia Franco polas esculturas do Mestre Mateo

A familia Franco non respondeu á petición de devolución das esculturas que cursou o Concello de Santiago. Pasado o prazo o goberno municipal decidiu interpor unha demanda xudicial como explicou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

Para presentar a demanda o alcalde explicou que recolleran toda a documentación precisa para que se conseguir que as esculturas queden en Compostela. Tamén sinalou que as esculturas quedarían en exposición no Museo da Catedral.

Será un xuizo civil e terá lugar en Madrid posto que o domicilio da familia Franco está nesa cidade española.

Aparece a documentación que proba que as esculturas do Mestre Mateo en poder dos Franco son do Concello de Santiago