A documentación achada recentemente que vincula as xa coñecidas estatuas de Abraham e Isaac, usurpadas pola familia Franco, ao Concello de Santiago é, en palabras do propio alcalde, unha moi boa noticia para os intereses da capital do país tal e como valorou na mañá de hoxe ante as preguntas dos medios de comunicación. Deste xeito, o Concello agarda poder inciar o máis axiña posible os requerimentos legais para solicitar a devolución das citadas esculturas.

Aparece a documentación que proba que as esculturas do Mestre Mateo en poder dos Franco son do Concello de Santiago