Home Programas Área Compostela O Concello advirte un incremento de niños de vespa velutina

O Concello advirte un incremento de niños de vespa velutina

0
O Concello advirte un incremento de niños de vespa velutina
© Fundación Amigos de las Abejas

O corpo de bombeiros de Compostela librou o pasado ano unha ardua batalla contra unha das grandes ameazas do ecosistema galego: a vespa velutina. Hai unha década, no ano 2007, os bombeiros tiveron que intervir en dúas ocasións por mor dos enxames de velutina. O pasado ano, foron 971 os niños retirados na contorna da cidade. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, alerta desta situación ao tempo que critica que o Goberno central non permita incrementar a actual plantilla, que considera “desbordada”.

Retiráronse no 2017 preto de mil niños de velutina; dez anos atrás, só dous

Xornada de portas abertas polo patrón dos Bombeiros

Por outra banda, Duro deu paso ao presidente da Asociación Sociodeportiva de Bombeiros Profesionais de Santiago de Compostela, Juan José Picón, para presentar o programa de actividades con motivo do patrón dos Bombeiros, o vindeiro 8 de marzo, coincidindo coa convocatoria de folga feminista.

Desenvolveranse xornadas de portas abertas para que a sociedade se achegue a un dos corpos que maior servizo presta á cidade. Así e todo, dende o equipo de bombeiros fan un chamamento á cidadanía para contribuír ao Banco de Alimentos de Compostela con aceite, leite e outros alimentos básicos.