Home Programas Área Compostela O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a previsión de baixas temperaturas

O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a previsión de baixas temperaturas

0
O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a previsión de baixas temperaturas

O Concello de Santiago activará esta noite un dispositivo especial de seguridade, ante a previsión de baixas temperaturas e a posibilidade de que a neve chegue ao termo municipal. Para afrontar calquera eventual incidencia, reforzarase o servizo da Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil a partir das dez da noite.

O dispositivo especial quedará activado ás 22:00 horas. A Policía Local terá esta noite seis patrullas de servizo, o dobre do habitual, e tamén se reforzará o servizo de Bombeiros. Protección Civil, pola súa parte, manterá operativo un retén de seis persoas durante toda a noite

Servizos sociais

Ao tempo que o dispositivo de seguridade, tamén queda activado o protocolo de Servizos Sociais ante a situación de baixas temperaturas. Por este motivo, o equipo de rúa de Cruz Vermella fará saídas especiais esta noite para entregar roupa térmica ás persoas que o precisen. A Policía Local e Protección Civil tamén estarán especialmente atentas a situacións de vulnerabilidade das persoas que dormen na rúa, orientándoas e acompañándoas ao albergue de Xoán XXIII ou a outros servizos existentes na cidade no caso de que sexa necesario.