Compostela será a sede do III Congreso de Cooperación Internacional da OMC

A Organización Médica Colexial vén de elixir a Compostela como sede do seu III Congreso de Cooperación Internacional

Luciano Vidán e Martiño Noriega

Santiago de Compostela é a cidade elixida pola Organización Médica Colexial para celebrar o terceiro Congreso de Cooperación Internacional, que se desenvolverá en xaneiro de 2019. O obxectivo deste evento é dar apoio a aqueles profesionais que se atopan con numerosas dificultades á hora de traballar coma voluntarios noutros países.

O Concello de Santiago amosa a súa predisposición a participar desta iniciativa e tende a man ao Colexio de Médicos da Coruña para colaborar na medida do posible.

Martiño Noriega: “Pola súa temática, coa que estamos totalmente sensibilizados”

O Congreso, que se celebrará en xaneiro de 2019 coas datas aínda por confirmar, acollerá a preto de catrocentas persoas.