Compostela responde: “Non é abuso, é violación”

Pasadas as 8 da tarde, varios milleiros de persoas partiron da Praza 8 de marzo nunha nova manifestación convocada polo movemento feminista da cidade

“Se nos tocan a unha, respostamos todas”. O feminismo galego convocou hoxe mobilizacións en todo o país ante a sentenza que se vén de coñecer contra os acusados da Manada. A sentenza, que desbota o delito de violación e que fica moi lonxe de ser exemplarizante, marca un duro precedente xurídico. O Tribunal de Navarra non ve delito por violación e si por abuso sexual o que deixa a pena máxima en 9 anos. A mellor das resolucións para os acusados despois da absolución.

As primeira resposta por parte do feminismo é de completa raiba e así se viviu nas rúas da cidade, nunha nova masiva mobilización feminista que acabaría nunha ateigada Praza da Quintana.