Home Programas Área Compostela Compostela móvese ao ritmo do blues

Compostela móvese ao ritmo do blues

0
Compostela móvese ao ritmo do blues

Boas novas para os amantes do blues. O ciclo ‘Capital Blues’, enmarcado no programa ‘Compostela, Capital Cultural’, traerá á cidade a dous artistas de fama internacional. O vindeiro domingo día 12, a cantante estadounidense Nikki Hill volve a Compostela despois da súa visita no ano 2014. Por outra banda, o australiano Ash Grundwall actuará o 7 de decembro ás 21 horas.

Ambos concertos, que teñen como sede a Sala Capitol, contan co apoio do Concellaría de Acción Cultural

O obxectivo desta iniciativa é atraer á poboación máis nova e xerar un novo público para un clásico estilo musical como é o blues. Ámbalas dúas actuacións celebraranse na Sala Capitol.

Entradas xa á venta

As entradas están xa dispoñibles en ticketea.com, a Sala Capitol e os habituais puntos de venda da cidade, e terán un prezo de 18 euros para Nikki Hill e 12 para Grundwall cá compra anticipada.