Compostela aposta pola Renda Básica Universal

O grupo de Goberno leva ao Pleno unha moción para que o Concello respalde unha resolución do Consello de Europa na que sinala a RBU como un elemento fundamental para rematar coa pobreza

A Renda Básica Universal volve estar no centro do debate. Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para que o Concello respalde unha resolución do Consello de Europa que defende esta prestación do Estado. O obxectivo é instar ao Goberno central e a Xunta a esta medida que busca “garantir os dereitos fundamentais” reflectidos na Constitución e a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Cada vez son máis as persoas que pulan pola implantación desta renda. Manuel López, do colectivo RBU Compostela, considera que o actual Estado do Benestar está “colapsado” e non é capaz de combater a pobreza. Asemade, lembra que, segundo varios estudos recentes, na vindeira década perderase un 30% dos postos de traballo actuais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Proxectos “piloto”

Existen algúns proxectos “piloto” con respecto á Renda Básica Universal e todos amosan resultados moi positivos en termos de produtividade e redución de enfermidades e estrés. Unha das experiencias máis recentes é a de Finlandia, onde, trala súa aplicación, as e os estudantes beneficiarios reflectiron un maior rendemento académico.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -