Compostela acolle a primeira Enotruck do viño galego

A capital de Galiza acolleu ao longo do día de hoxe a primeira etapa da “Enotrack” que, a través do paraugas da marca Enoturismo Galicia, dará a coñecer os viños galegos polas grandes cidades do país para logo viaxar a Madrid e París. No acto de presentación desta iniciativa, realizada na praza do Obradoiro, participaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, o delegado en Compostela do Cluster do Turismo, Carlos Tardáguila, e o presidente da Ruta do Viño Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

O viño galego, de viaxe polo país

Este mesmo mes a Enotruck viaxará a Ferrol o día 8, á Coruña o día 9, a Pontevedra o día 15, a Vigo o día 16, a Ourense o día 22 e a Lugo o día 23.