Compostela Aberta acusa ao PP de “difamar” acerca dos orzamentos participativos

O PP négase a pedir desculpas malia o arquivo do expediente por parte da Axencia Española de Protección de Datos

A concelleira de Facenda, María Rozas, amosou a súa satisfacción pola resolución da Axencia Estatal de Protección de Datos ao respecto das denuncias por suplantación de identidade. Rozas asegurou que, no seu escrito, a Axencia “respalda o proceso participativo” e garante a súa “transparencia” e correcto funcionamento.

Logo da resolución da Axencia de Protección de Datos, a concelleira María Rozas esixiu unha desculpa de Sánchez-Brunete, negada polo edil popular.