Home Programas Área Compostela Chegan as Festas do Apóstolo 2016!

Chegan as Festas do Apóstolo 2016!

0
Chegan as Festas do Apóstolo 2016!

Xa están aquí. A Concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe, no Teatro Principal, a programación das festas do apóstolo 2016. Serán máis extensas que outros anos pois comezarán o 15 de xullo e rematarán o 31 deste mesmo mes. Segundo afirmou Branca Novoneyra, as características máis destacadas desta edición son unha forte democratización con todas as actividades de balde, a descentralización das actividades por toda a cidade e a diversidade das mesmas.

O pregoreiro deste ano será Anxo Carracedo, Catedrático de Medicina Legal pola Universidade de Santiago de Compostela.