Home Programas Área Compostela Chega a edición máis internacional de Galicreques

Chega a edición máis internacional de Galicreques

0
Chega a edición máis internacional de Galicreques

A edición deste ano, e xa van 22, do Festival Internacional Galicreques terá un marcado carácter internacional. 26 compañías procedentes de Chile, Arxentina, Francia ou Portugal, ademais de formacións galegas e do resto do Estado, daranse cita en Compostela do 14 e o 22 de outubro para mostranos en máis de 40 funcións unha ampla mostra de espectáculos de títeres. O Pazo de Raxoi acolleu a presentación da programación na que participaron a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o director de Galicreques, Jorge Rey.

Para o director deste festival, Jorge Rey, sinalou que logo de cumprir os primeiros obxectivos de promocionar os títeres en Santiago acollen espectáculos que misturan diversos elementos artísticos.

Axenda

Galicreques este ano inclúe este ano tres estreas absolutas coa compañía galega Fantoches Baj que dará a coñecer o domingo 15 ás 12:30 horas, na Fundación SGAE, a súa nova montaxe, Os golfiños e o xigante; a compañía madrileña Mazzú Teatro que estreará “Enredos de amor y odio” o sábado 21 ás 18 horas, tamén na Fundación SGAE; e Títeres Cachirulo que estreará na función inaugural do festival a súa montaxe “Bala Perdida”, adaptación do texto de Manuel Rivas, o domingo 15 ás 18 horas no Teatro Principal. As entradas para as funcións do Teatro Principal, Fundación SGAE e CSC de Santa Marta custan 5 euros por persoa, podendo adquirir catro billetes para un mesmo espectáculo por 15 euros.

XXII Festival Internacional de Títeres Galicreques. Que recomendamos?