Home Programas Área Compostela Chega a Compostela a XV edición do Festival de Teatro Agustín Magán

Chega a Compostela a XV edición do Festival de Teatro Agustín Magán

0
Chega a Compostela a XV edición do Festival de Teatro Agustín Magán

O Festival de Teatro Agustín Magán celebra en Compostela a súa XV Edición. O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que veñen realizando en Galicia os grupos afeccionados. Os próximos días 29, 30 e 31 de outubro, e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal acollerán a representación das obras finalistas da décimo quinta edición do festival. Presentárono no día de onte, en rolda de prensa, Jacobo Sutil, xerente de AGADIC, Chelo Pampillón e Manolo da Silva, Presidenta e tesoureiro respectivamente da FEGATEA.

As entradas para cada un dos espectáculos poderán adquirirse a 4 euros nas billeteiras do Salón Teatro e do Teatro Principal, con opción a bonos de 12 euros para catro funcións.