Catrocentos vehículos ofreceranse no Salón CarOutlet esta fin de semana

Participan os principais concesionarios da cidade, cunha ampla oferta en vehículos de ocasión

As e os amantes do motor teñen esta fin de semana unha cita ineludible na capital galega. A terceira edición do Salón CarOutlet de Compostela ofrecerá preto de 400 vehículos de ocasión de diferentes concesionarios de toda Galicia, unha ampla variedade de coches que permitirá ás e os asistentes escoller entre as principais marcas do motor.

O evento desenvolverase no recinto feiral de Amio do 16 ao 18 de marzo. O venres, as instalacións abrirán dende as 16.00 ás 21.00 horas, namentres o horario para a fin de semana será de 11.00 a 21.00 horas o sábado, e até as 20.00 horas o domingo. As entradas terán un prezo de 2 euros por persoa e as crianzas menores de 10 anos poderán acceder de balde.