Compostela conta con catro novos murais de grandes dimensións que pasarán a formar parte, como un atractivo máis, da paisaxe da nosa cidade. As concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de Mocidade, Noa Morales, estiveron visitando dous deles que se remataron con motivo da II edición de Muralismo en Santiago.
Raxoi aposta por rexenerar e recuperar espazos urbanos grazas ao graffiti
Artistas participantes
Os artistas que participaron nesta edición foron a cooperativa cultural Cestola na Cachola, formada por Xoana Almar e Miguel Peralta, Farid Rueda, Isaac Mahow e Lula Goce